Añadido el 6 nov 2004
El Progreso
sábado, 11 de febrero de 2006 CULTURA
LUGO
Textura
Álvarez Villani inaugurou unha
exposición de óleos, debuxos,
técnicas mixtas, lenzos e tintas
na galería Amararte de Lugo.
Álvarez Villani asegura que tra-
balla moito “as texturas”
aínda que sem-
pre cun “toque persoal, porque
non busco fotografías; por iso,
fago monocromías e collages”.
Defínese como “pintor máis
de cousas que me nacen dentro
que de reproducir a realidade;
copiar é algo que non me cha-
ma, prefiro manexarme dentro
do cadro”.
Dúas das pezas que presenta
Álvarez Villani en Amararte
dende onte “son manchas que
definen unha figura humana”,
que estánmáis achegadas ás
tendencias expresionistas cás
realistas.
Os seus cadros, que se poden
mirar ata o día 25 deste mes,
teñen moito de improvisación,
influída polo jazz, sobre o que
ten pintado en numerosas oca-
sións. De feito, a súa anterior
exposición en Lugo realizouse
no Círculo das Artes co gallo do
Festival de Jazz de Lugo.